A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 18 de novembro de 1998, aprobou a contratación, mediante concurso, para a adquisición de reactivos para a estación depuradora de auga potable; pola presente publicación anúnciase a licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: a adquisición de reactivos para a estación depuradora de auga potable, segundo o establecido no anexo ó prego de condicións.
b) Prazo de entrega: o prazo máximo de entrega, en instalacións municipais, será de 72 horas desde a súa petición polo Servicio de Augas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: o prezo do contrato será o resultado de aplicar ó material efectivamente subministrado durante o ano os prezos unitarios ofrecidos polo adxudicatario, cos descontos que correspondan de acordo coa súa oferta.
5. Garantías:
Provisional: 100.000 pesetas para cada un dos lotes ós que se presente oferta.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.
d) Teléfonos: 982 29 71 43, 982 29 71 86.
e) Telefax: 982 29 71 03.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos
2ª Domicilio: Praza Maior, 1.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que se celebre, con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 27 de novembro de 1998.
José A. Mourelle Cillero
Vicesecretario habilitado
Visto e prace
Joaquín Mª García Díez
Alcalde
11531