Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fábricas Lucía del Norte, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Fábricas Lucía del Norte, S.A., código convenio nº 8200332, que se subscribiu con data do 11 de setembro de 1998, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre

rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado covenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de Fábricas Lucía del Norte, S.A. (Falunorsa), factoría da Coruña

Anos 1998-1999

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio colectivo afectará o persoal da factoría da Coruña, con domicilio na estrada nacional VI, km 581 e ós centros comerciais dependentes dela.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

Este convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura por parte da comisión negociadora e terá vixencia ata o 31 de decembro de 1999.

Non obstante, os efectos económicos que se sinalan, retrotraeranse ó 1º de xaneiro de 1998.

Así mesmo, o presente convenio colectivo quedará denunciado por ámbalas partes o 1º de decembro de 1999.

Artigo 3º.-Retribución do convenio.

As retribucións de convenio para as distintas categorías profesionais serán, para 1998, as expresadas na primeira columna do anexo I que se acompaña.

Durante o ano 1998, as retribucións de convenio, bases para incentivos e bases para antigüidade, toxicidade, perigosidade e nocturnidade vixentes o 31 de decembro de 1997, incrementaranse un 2,1%, o que dará como resultado as cantidades recollidas no anexo I do presente convenio.

As táboas salariais e incentivos pactados para 1998 serán obxecto de revisión a final de ano, sempre e cando o IPC do ano supere o 2,1%, e neste caso estas incrementaranse coa diferencia entre esa porcentaxe e o IPC real. Tal diferencia aplicarase sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1997 e con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998.

No ano 1999, as táboas salariais vixentes o 31 de decembro de 1998 experimentarán un incremento do 2%. As táboas salariais e incentivos pactados para 1999 serán obxecto de revisión a final de ano, sempre e cando o IPC real do ano supere o 2%, e neste caso estas incrementaranse coa diferencia producida. Tal diferencia aplicarase sobre as táboas vixentes o 31 de decembro de 1998 e con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 4º.-Organización do traballo.

1. Principio xeral.

A organización práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Ós delegados de persoal correspóndenlle-las funcións de asesoramento e proposta, mediante a emi-

sión de informes, que determina o artigo 64, puntos 1º e 3º do Estatuto dos traballadores.

2. Facultades da dirección da empresa.

2.1. A determinación do proceso productivo mediante a fixación de:

2.1.1. Os postos de traballo da fábrica e o nº de operarios necesarios.

2.1.2. As operacións ou fases que se van realizar en cada posto de traballo.

2.1.3. O método que se vai seguir e os materiais que se van utilizar, todo iso en cada momento.

2.1.4. A determinación das produccións mínimas esixibles e máximas que, de acordo co método fixado, se obteñan mediante o proceso de medición de tempos.

2.1.5. A esixencia a cada traballador da atención, coidado e limpeza das máquinas, útiles e ferramentas ó seu cargo, determinación do tempo que sexa necesario para realizar estas tarefas, así como a periodicidade delas.

2.1.6. A fixación dos índices de desperdicio de materiais en tódalas operacións que compoñen o proceso productivo. Os ditos índices serán tidos en conta no momento de cronometrar.

2.1.7. O estudio, a modificación e implantación dos novos métodos de traballo, e a súa adaptación, en cada momento, ás necesidades do producto e da producción.

2.2. A responsabilidade exclusiva na busca e toma de decisión de cantas medidas sexan necesarias para consegui-la correcta e rendible utilización das máquinas, instalacións e cadros de persoal, respectándose tódalas garantías en materia de estabilidade no emprego, que se inclúen nas disposicións legais vixentes. As ditas facultades da empresa son:

2.2.1. A mobilidade funcional no seo da empresa.

2.2.2. A determinación dos períodos de adaptación que sexan necesarios para consegui-la total integración do traballador no novo posto de traballo.

2.2.3. Garantirlle, durante o período de adaptación, ó operario trasladado o importe en pesetas da prima de producción de media por hora que viña percibindo no seu anterior posto de traballo. A dita garantía será respectada sempre que o traballador vaia aumentando progresiva e proporcionalmente a súa producción, ata acada-la mínima esixible ou a habitual, no seu defecto.

2.3. A determinación e esixencia da calidade necesaria mediante:

2.3.1. A fixación dos niveis de calidade mínimos do producto en cada fase do proceso productivo.

2.3.2. A creación do correspondente sistema de control de calidade que, en función do nivel mínimo esixido, determine a responsabilidade por traballos defectuosos, tendo especial coidado en determinar se a falta de calidade é debida a deficiencias do material ou do proceso de fabricación e, neste segundo caso, precisar qué traballador é o responsable da ausencia ou falta de calidade.

2.4. O estudio, a implantación e o mantemento dos sistemas de incentivos.

Artigo 5º.-Primas e incentivos á producción.

Enténdese por primas e incentivos á producción a cantidade que, en metálico, ten que percibi-lo traballador polo seu rendemento individual ou colectivo; distínguense tres grupos de traballadores:

a) Productores sen incentivo: o persoal, agás os aprendices, que non traballe a incentivo, percibirá por día realmente traballado, así como polos días correspondentes ás vacacións anuais retribuídas, ademais da retribución de convenio, un plus equivalente ó 22% das cantidades expresadas na 3ª columna do anexo I que se achega.

De tratarse de persoal con retribución mensual, percibirá a parte proporcional do 22% da dita columna segundo os días realmente traballados nun mes.

No caso de empregados e subalternos para os que existisen primas de producción ou de vendas, garántese, como mínimo, o 22% das cantidades expresadas na 3ª columna do anexo I que se achega, proporcional ós días traballados.

b) Productores con incentivo: a escala de primas á producción estableceranse de tal forma que á actividade mínima esixible, media e óptima (60, 70 e 80 puntos Bedaux) lles correspondan unhas primas do 0%, 25% e 50% respectivamente, das cantidades expresadas na terceira columna do anexo I que se achega.

c) Productores con incentivo non racionalizado: nos postos nos que non estea implantada a prima racionalizada (Bedaux), garántese como mínimo, unha prima equivalente ó 25% das cantidades expresadas na terceira columna do anexo I que se achega, sempre que se acaden actividades medias de 70 puntos Bedaux.

Efectuada a cronometraxe por parte da empresa, se o traballador ou traballadores afectados non estivesen de acordo coas esixencias de producción que determinan estes, a dirección da empresa solicitará a arbitraxe dunha empresa privada de organización de nivel nacional, e comprometeranse, empresa e traballadores, a aceptar sen reserva ningunha o dictame ou decisión de tal empresa de organización.

A citada terceira columna queda reflectida no anexo I.

O valor punto experimentará o mesmo incremento ca esta 3ª columna.

Artigo 6º.-Rendementos.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 11 da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e corresponderase a retribución de convenio co rendemento mínimo esixible.

Artigo 7º.-Pluses de toxicidade, penosidade, perigosidade e plus de xefe de equipo.

Có persoal afectado polo artigo 77 da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e que realice traballos dos considerados como excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselle, por estes conceptos, o 20% da base establecida na columna 2ª do anexo I que se achega, se só se dese unha das circunstancias sinaladas, o 25% se concorresen dúas e o 30% se fosen as tres.

Cando o traballo con carácter excepcionalmente tóxico, penoso ou perigoso, dure máis dunha hora, sen exceder de media xornada, corresponderá aplicarlle o 50% das cantidades sinaladas no parágrafo anterior.

Unha vez desaparecida a causa que orixinou o plus ou postos os medios para eliminalos, deixará de percibirse o dito plus.

Artigo 8º.-Plus de nocturnidade.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 34, punto 6º do Estatuto dos traballadores, e aboarase por este concepto o 25% do salario base establecido na columna 1 do anexo I, citado no artigo 3.

Artigo 9º.-Plus de antigüidade.

O número de quinquenios será ilimitado e a súa contía, por quinquenio, será o 5% da base establecida na columna 2 do anexo I que se achega.

Este plus afectará a todos aqueles traballadores dados de alta no momento da sinatura deste convenio.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias que se aboarán nos meses de xuño e decembro consistirán en 30 días de retribución de convenio cada unha, así como a antigüidade e devengo extrasalarial, se os houber. Faranse efectivas dentro da segunda quincena do mes de xuño e o día laborable inmediatamente anterior ó 22 de decembro, respectivamente.

Se é o caso, ratearase conforme o tempo efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Para os efectos previstos no R.D. 1858/1981, do 20 de agosto, terán a consideración de horas extraordinarias estructurais, as que se enumeran no artigo 2, punto 2º, da dita disposición e as seguintes:

a) As que se realicen en relación coa temporada de vendas, entre o 15 de xullo e o 30 de setembro.

b) As precisas para cubri-las ausencias, por vacacións, de gardas e vixilantes.

c) Fabricación de pedidos especiais.

Conforme as disposicións vixentes, a cotización por tales horas considerarase, pois, exenta da recarga establecida.

Estas horas extraordinarias estructurais realizaranse logo de informe e acordo cos representantes dos traballadores.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos productores da empresa terán dereito a desfrutar anualmente de 30 días naturais de vacacións.

O desfrute das vacacións, en situación de normalidade, será de dúas semanas nos meses de xullo e agosto, no número de quendas que a empresa considere necesarios. O resto das vacantes desfrutarase forá da época estival.

O aboamento desta vacacións efectuarase de conformidade co disposto no artigo 70, parágrafo 2º da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica. En todo o demais, rexerase polo artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

Desde a sinatura deste covenio, acreditada a existencia dun stock equivalente a dous meses de venda media, permitirá á dirección do centro anticipa-la data prevista para as vacacións respecto do total do seu cadro de persoal ou parcialmente, e fixar

unha ou varias quendas e a data do seu comezo, logo de notificación ós delegados de persoal e ós afectados, cunha antelación mínima de 30 días. Neste caso, as vacacións ampliaranse nun día laborable, sempre e cando o seu desfrute se producise fóra da época estival.

Igualmente, a dirección do centro poderá anticipa-la data prevista para as vacacións, no caso de que tivese que producirse urxentemente algún pedido especial que se concertase despois do 15 de xuño de cada ano.

Se o necesario bo servicio comercial obrigase a iso, acórdase manter un retén de producción no período vacacional. Este retén reducirase ó imprescindible e, a poder ser, efectuarase con persoal idóneo voluntario.

Artigo 13º.-Viaxes e axudas de custo.

As saídas, viaxes e axudas de custo, regularanse segundo o disposto no artigo 82 da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, e establecerase a suma de 1.300 ptas. para a media axuda de custo para os anos 1998 e 1999.

A vixencia deste artigo será desde o día da sinatura deste convenio.

Artigo 14º.-Ingresos.

Os ingresos, no caso de efectuárense sen pactar ningunha das modalidades especiais previstas nos artigos 14, 15 e 16 do Estatuto dos traballadores, consideraranse efectuados a título de proba, se así constase expresamente por escrito, e esta non poderá exceder do tempo fixado na seguinte escala:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados con mando sobre o persoal: 3 meses.

-Técnicos non titulados sen mando sobre o persoal: 2 meses.

-Administrativos con mando directo sobre o persoal: 3 meses.

-Administrativos sen mando directo sobre o persoal, subalterno e profesionais de oficio: 6 semanas.

-Especialistas, peóns ordinarios, aprendices e pinches: 15 días.

Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolver libremente o contrato sen lugar a reclamación ningunha. Transcorrido o prazo referido, o traballador integraríase na empresa como fixo no cadro de persoal, e computaríaselle, para tódolos efectos, o tempo investido na proba.

Artigo 15º.-Horas de traballo, calendario.

A xornada de traballo establécese a cómputo anual para todo o persoal afectado por este convenio en

1.775 horas de traballo efectivo/ano para o ano 1998 e en 1.764 horas para o ano 1999.

Confeccionarase o calendario laboral resultante tendo en conta as disposicións de carácter xeral e local, así como os seguintes criterios:

a) Para o persoal de tendas e exposicións, o reparto das horas de cómputo anual coincidirá co horario do comercio local.

b) Nos depósitos distribuiranse as horas en cómputo anual de luns a sábados.

c) Nos demais servicios relacionados coas vendas, departamento comercial, expedicións, servicios e oficinas, tenderán a implanta-lo criterio que se establece na letra a), garantindo a maior operatividade do servicio.

d) Para o persoal de talleres e oficina de fábrica establecerase a xornada diaria sobre a base de reparti-las horas totais en cómputo anual de luns a venres.

e) Para o resto do persoal non mencionado nos puntos anteriores, como gardas, vixilantes, persoal de limpeza e similares, haberá que aterse ó disposto no seu contrato de traballo ou en fórmulas xa establecidas ou pactadas, en concordancia coas necesidades do servicio que presten respectivamente.

Sen prexuízo do establecido na letra d) deste mesmo artigo e co obxecto de adapta-la xornada de traballo á demanda do mercado, a dirección poderá modifica-la dita xornada pactada e establecer un máximo de 10 horas e un mínimo de 5 horas, logo de comunicación ós delegados de persoal cunha antelación mínima de 72 horas.

O final de cada ano, todas aquelas horas que superen as horas de traballo efectivo/ano pactadas para a vixencia do presente convenio, terán a consideración de horas extras, e estas compensaranse por outras de descanso pactado (60 minutos fóra de horario normal por 75 minutos de descanso pactado).

Artigo 16º.-Garantía en caso de enfermidade ou accidente. Absentismo.

Recoñécenselle amplas facultades á empresa para o control do cumprimento da obriga de asistir ó traballo, e extremaranse tódalas formas de comprobación de xustificación de faltas.

En caso de enfermidade ou accidente, o traballador virá obrigado a asistir á consulta do persoal sanitario que a empresa designe ou de recibilo no seu domicilio, se non fose posible o seu desprazamento.

Calquera forma de traballo, por conta propia ou allea, realizada en situación de baixa, aínda que

revista carácter ocasional, dará lugar á imposición de sancións no seu grao maior.

Cando as ausencias que dan lugar a baixas por ILT e maternidade fosen inferiores ó 2,50% do cómputo xeral de horas de traballo anuais, aboaráselles ós traballadores que se atopen nesa situación o 100% da cantidade que resulte de aplica-la seguinte fórmula:

Días de baixa x ( salario fixo diario + prima de producción hora media do último mes) - ( cantidades percibidas por pagamento delegado + cantidades aboadas pola empresa durante o período de baixa).

Non se computarán as horas de faltas daqueles traballadores que sexan dados de baixa por invalidez no ano no que se produza.

Dada a necesidade de que transcorra a totalidade do ano para coñece-las porcentaxes resultantes, o aboamento das cantidades que, segundo o exposto nos parágrafos anteriores, teñan dereito a percibi-los traballadores, levaranse a cabo no mes de xaneiro do ano seguinte ó que se computa.

Artigo 17º.-Xubilación.

O persoal da empresa afectado polo presente convenio, con 30 anos de servicio e con dereito a xubilación, percibirá, segundo o grupo de cotización por categorías, as seguintes cantidades mensuais:

GrupoCantidade mensual

110.000 ptas.

2 e 38.000 ptas.

47.000 ptas.

5 e 86.000 ptas.

6, 7, 9 e 105.000 ptas.

Estas cantidades percibiranse 12 veces ó ano.

Ós que non acadasen os 30 anos de servicio, rebaixaráselle-la cantidade que lles corresponde polo seu grupo de cotización nun 2% cada ano que faltase para os 30 anos mencionados, e despreciaranse para este cálculo as fraccións de ano.

Terán igualmente dereito a estas percepcións o persoal con xubilación anticipada e os xubilados con anterioridade a este convenio.

As cantidades expresadas son máximas e reduciranse tanto como sexa preciso para que, a cómputo anual e en cada caso, os ingresos en réxime de xubilación na iniciación desta, non superen os ingresos medios en xornada normal dos últimos tres meses en activo.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

As licencias retribuídas regularanse polo disposto no artigo 37 do Estatuto dos traballadores, coas modificacións que, en canto a períodos de tempo e por determinados motivos se expoñen a continuación:

a) En caso de falecemento de cónxuxe: 4 días naturais.

b) En caso de falecemento de pais, irmáns, fillos, fillos políticos, netos, avós: 3 días naturais.

c) En caso de falecemento de tíos carnais ( afíns e consanguíneos): 1 día natural.

d) En caso de enfermidade grave de pais, fillos e irmáns consanguíneos ou políticos e cónxuxe, que requira hospitalización: 2 días naturais.

e) En caso de matrimonio de fillos ou irmáns, consanguíneos ou políticos: 1 día natural.

f) En caso de parto da esposa: 2 días laborables.

g) En caso de matrimonio do productor: 15 días naturais.

Pódese ampliar ata cinco días naturais nos supostos recollidos no artigo 37, punto 3º B do Estatuto dos traballadores.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Os traballadores serán provistos es de roupa de traballo adecuada, segundo determina o artigo 88 da ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica.

O persoal que exerza funcións de distribución deberá utitlizar roupa de traballo facilitada pola empresa.

Artigo 20º.-Gratificacións voluntarias.

Todo o persoal afectado polo convenio referenciado percibirá ademais gratificacións extraordinarias ó ano, dunha mensualidade cada unha, para o persoal empregado ou 30 días para o persoal obreiro.

Estas pagas aboaránselle na segunda quincena dos meses de marzo e setembro a todo o persoal en cadro de persoal na data da súa concesión, na parte proporcional ó tempo traballado, e comprende retribución de convenio, antigüidade e devengo extrasalarial con carácter periódico.

Excepcionalmente e sen carácter de dereito adquirido para o futuro, a cantidade de 22.041 pesetas que se aboa na nómina do mes de agosto.

Artigo 21º.-Préstamos destinados á adquisición de vivendas.

Establécese a concesión de préstamos ó persoal afectado polo convenio referenciado, ata unha disposición máxima dun millón cincuenta e seis mil setecentas trinta e cinco pesetas.

A concesión do préstamo vivenda regularase e distribuirase de acordo co regulamento elaborado para iso.

Artigo 22º.-Bolsas.

Establécese unha dotación de 158.510 pesetas destinadas a compensar parcialmente os gastos de estudios, tanto dos productores como dos seus fillos.

A concesión das bolsas regularase e distribuirase de acordo co regulamento elaborado para iso.

Artigo 23º.-Premios.

Establécese un premio de nupcialidade único consistente nun colchón Gran Flex de 135 cm.

Así mesmo, aboaranse premios de natalidade e da Primeira Comuñón consistentes en 2.000 e 3.000 ptas. respectivamente, logo de presentación de xustificante.

Artigo 24º.-Pagamento nómina.

O pagamento da nómina efectuarase dentro dos cinco días laborables para efectos de fábrica, do mes seguinte ó período devengado.

Artigo 25º.-Excedencias.

Con independencia de que se considere subsistente a normativa vixente sobre esta materia, se un traballador solicitase unha excedencia voluntaria ó abeiro deste artigo e a súa solicitude fose aceptada pola empresa, pasará á indicada situación nas seguintes condicións:

a) Aboaránselle 750.000 ptas. se a excedencia é por dous anos, 1.500.000 ptas. se é por catro anos e 2.000.000 de ptas. se é por tempo igual ou superior a seis anos.

b) Trala súa solicitude por escrito, conservará o dereito á reincorporación automática no mesmo centro de traballo ó termo da excedencia e no posto de traballo que determine a empresa.

Artigo 26º.-Acumulación de horas dos delegados de persoal.

Conforme o establecido no artigo 68 do Estatuto dos traballadores, os delegados de persoal poderán acumula-lo crédito de horas, conforme os seguintes requisitos:

-Cesión total das horas dispoñibles en favor dun ou dous delegados de persoal.

-Que o cedente estea en situación de activo tanto no momento da cesión como no período cedido.

Artigo 27º.-Dereito supletorio.

O presente convenio colectivo subsistirá integramente nos seus propios termos durante todo o período da súa vixencia agás que, por disposicións legais de rango superior, se establecesen condicións máis beneficiosas en materia de xornada de traballo, vacacións ou salarios en cómputo anual, caso no que habería que aterse ó disposto nestas.

Artigo 28º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas fixadas no presente convenio absorben e compensan as que existisen con anterioridade, calquera que sexa a natureza ou a orixe da súa existencia.

O exceso que puidese aínda existir trala aplicación deste convenio, computadas sobre a base anual as cantidades recibidas legal ou convencionalmene por tódolos conceptos agás horas extraordinarias, manteranse co mesmo carácter co que foron concedidas.

De igual forma, as melloras económicas que se establecen serán absorbibles e compensables cos aumentos de retribución que puidesen efectuarse en virtude da disposición legal de rango superior ó presente convenio, e farase esta compensación tanto por concepto como no seu conxunto.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes obrigadas, así como situacións de prexuízo que se ocasionen como consecuencia da interpretación ou aplicación das estipulacións contidas neste convenio, serán sometidas, obrigatoriamente e como trámite previo, á comisión paritaria, que estará constituída por dous vocais da empresa e dous vocais titulares representantes dos traballadores, designados pola propia comisión deliberadora de entre os seus membros, que emitirán informe escrito das conclusións obtidas sobre o tema.

ANEXO I

Convenio de Falunorsa. A Coruña

ANO 1998

CategoríasRetribución

convenio

Salario base para antigüidade, toxicidade, perigosidade e xefe equipoSalario base

para

incentivos

Titulados
Peritos, axudantes e T.S.214.242203.866174.522
Técnicos de taller
Contramestre144.214137.263127.199
Encargado134.943128.410119.104
Administrativos
Xefe de 1ª181.544172.756145.356
Oficial de 1ª e viaxante144.104137.123126.974
Oficial 2ª134.943128.404119.104
Auxiliar115.048109.482100.530
Subalternos
Conductor de camión129.090122.844114.046

CategoríasRetribución

convenio

Salario base para antigüidade, toxicidade, perigosidade e xefe equipoSalario base

para

incentivos

Vixilante110.417105.081 95.978
Dependenta principal116.778111.127101.618
Persoal obreiro
Peón ordinario 3.658 3.480 2.869
Especialista e mozo Espe. 3.868 3.686 3.032
Oficial de 3ª 4.005 3.812 3.079
Oficial de 2ª 4.187 3.987 3.267
Oficial de 1ª 4.324 4.110 3.467

ANEXO II

Retribución carencia incentivo total 1998Retribución a prima producción (rendemento 80 punto Bedaux) 1998

Titulados
Peritos, axudantes e T.S.3.888.610
Técnicos de taller
Contramestre2.643.229
Encargado2.473.528
Administrativos
Xefe de 1ª3.288.444
Oficial 1ª e viaxante2.640.875
Oficial 2ª2.473.528
Auxiliar2.106.167
Subalternos
Conductor de camión2.366.521
Vixilante2.020.054
Dependente principal2.136.719
Persoal obreiro
Peón ordinario1.963.4842.204.480
Especialista e mozo Espe.2.076.0922.330.780
Oficial de 3ª2.145.6392.404.275
Oficial de 2ª2.246.3172.520.745
Oficial de 1ª2.325.9622.617.190

As retribucións a nivel ano recollidas no anexo II están calculadas sen antigüidade, pluses, baixas, permisos nin faltas de asistencia.

11583