Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.568

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998, do tribunal número tres designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, convocado por Orde do 26 de agosto de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 198, do 14 de outubro), pola que se anulan determinadas preguntas do exercicio tipo test.

En sesión ordinaria celebrada o día 16 de decembro de 1998, o tribunal número tres adoptou o seguinte acordo:

Detectados diversos erros nalgunhas preguntas dos cuestionarios do exercicio tipo test da fase de oposición que poderían condicionar de maneira importante a contestación daquelas, e para garantir que na citada proba debe permitirse, en todo caso, que se poñan de manifesto as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, este tribunal acorda declarar nulas e telas como non postas as preguntas 46, 58, 69, 70 e 99 do cuestionario II da materia de matemáticas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

Antonio Pérez Olveira

Presidente do tribunal numero tres

11326