Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de residuos sólidos urbanos 98/0025.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia (DOG nº 168, do 2 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que obran no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 23 de novembro de 1998.

Ana Mª Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: R-98/0025.

Denunciado: Miguel A. Mayoral de la Torre.

DNI: 70.045.223.

Último enderezo coñecido: A. Pedreira Ríos, 8. Centro Remar-A Coruña.

Feitos denunciados: vertido de mobles usados e outros efectos.

Tipificación Lei de residuos sólidos urbanos:

Artigo: 37.1º.3.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas. multa.

10937