Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 11 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre a renda de integración social de Galicia relacionadas no anexo.

Advertidos erros no dito edicto, publicado no DOG nº 202, do 19 de outubro de 1998, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 11.317, columna da dereita, onde di: «contra esta resolución poderán interpoñer reclamación previa á vía da xursidicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 de texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril»; debe dicir: «contra esta resolución poderán interpoñer no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publi

cación deste edicto, recurso ordinario perante a comisión técnica central de Risga con sede en Santiago de Compostela, mediante escrito presentado ante a comisión técnica provincial de Pontevedra, e que deberán remitir a U.T.A da Risga, Cánovas del Castillo, s/n, Vigo.

10936