Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Alto, no concello de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos Grisrosa, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Granitos Grisrosa, S.L., con domicilio en r/ Domingo Bueno, 90, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 31 de agosto de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Alto, de 4 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2789, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 1 8º 29' 40''42º 09' 40''

Vértice 2 8º 29' 20''42º 09' 40''

Vértice 3 8º 29' 20''42º 09' 00''

Vértice 4 8º 29' 00''42º 09' 00''

Vértice 5 8º 29' 00''42º 08' 40''

Vértice 6 8º 29' 40''42º 08' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 16 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

11198