Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a delimitación do perímetro de protección do manancial de Castro Caldelas, provincia de Ourense.

En aplicación do artigo 13 do Decreto 402/1996, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Sométese a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, a solicitude do perímetro de protección do manancial denominado Castro Caldelas, situado en terreos do concello de Castro Caldelas, provincia de Ourense, e solicitado por Manuel Álvarez Martínez.

O perímetro de protección proposto polo interesado segundo o estudio xustificativo que achegan e informado favorablemente polo Instituto Tecnolóxico e Xeomineiro de España é o seguinte, en coordenadas rectangulares UTM:

XY

P.p.6321504690950

16303004690950

26303004691920

36321504691920

O que se fai público para que todo aquel que se considere interesado poida realiza-las alegacións oportunas no prazo de 15 días contados a partir do seguinte desta publicación.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10658