Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a Centro de Estudios Profesionales Aros C.B. a renovación da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Alberto Martínez de Anta en representación da empresa Centro de Estudios Profesionales Aros C.B. e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a renovación da cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I ó IG-IV.

Vista a Orde do 17 de diciembre de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria resolve:

Outorgarlle ó Centro de Estudios Profesionales Aros C.B. a renovación da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Coruña.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un resumo desta na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante a Dirección Xeral de Industria e Comercio, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10657