Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de novembro de 1998 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados La Merced de Sarria, Sagrado Corazón de Celanova, Sagrado Corazón do Carballiño e Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros privados La Merced de Sarria, Sagrado Corazón de Celanova, Sagrado Corazón do Carballiño e Sagrada Familia de Vilagarcía, nos que solicitan autorización definitiva para a súa apertura e funcionamento.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondentes, que se remiten cos respectivos informes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a rela

ción de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la Norma Básica da Edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Sarria.

Localidade: Sarria.

Enderezo: Avda. da Mercé nº 58-60.

Código do centro: 27011998.

Denominación específica: La Merced.

Titular: PP Mercedarios.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Ourense.

Concello: Celanova.

Localidade: Celanova.

Enderezo: rúa Areal nº 13.

Código do centro: 32003783.

Denominación específica: Sagrado Corazón.

Titular: Sociedad Cooperativa Límitada Sagrado Corazón de Celanova.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Ourense.

Concello: O Carballiño.

Localidade: O Carballiño.

Enderezo: Irmáns Prieto nº 3.

Código do centro: 32002973.

Denominación específica: Sagrado Corazón.

Titular: Religiosas Franciscanas Divina Pastora.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Enderezo: Vista Alegre nº 2.

Código do centro: 36012456.

Denominación específica: Sagrada Familia.

Titular: Religiosas Filipenses.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

11550