Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Universidades, pola que se fai pública a relación provisional de solicitantes beneficiarios e excluídos das bolsas para alumnos universitarios, complementarias ás bolsas e axudas ó estudio de carácter xeral do MEC, convocadas por Orde do 17 de setembro de 1998 (DOG do 23 de outubro).

Rematado o proceso de selección dos beneficiarios das bolsas para alumnos universitarios complementarias ás bolsas e axudas ó estudio de carácter xeral do MEC, convocadas por Orde do 17 de setembro de 1998 (DOG nº 206, do 23 de outubro) pola que se convocan as citadas bolsas, e unha vez atendida a proposta da comisión avaliadora nomeada para o efecto segundo Resolución do 30 de xuño de 1998 (DOG nº 130, do 8 de xullo), procede facer pública a relación provisional de beneficiarios de conformidade coas respectivas bases.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de solicitantes beneficiarios e excluídos das bolsas para alumnos universitarios, complementarias ás bolsas e axudas ó estudio de carácter xeral do MEC, convocadas por Orde do 17 de setembro de 1998 (DOG nº 206, do 23 de outubro).

Segundo.-As listas provisionais de beneficiarios e excluídos exporanse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades galegas. Tamén se poderá acceder ás devanditas listas a través da páxina web da Xunta de Galicia (Consellería de Educación e Ordenación Universi

taria, Dirección Xeral de Universidades, Servicio de Apoio e Orientación ós Estudiantes Universitarios).

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.

J. Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades

11195