Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 1998, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A adecuación do cadro de persoal dos centros docentes existentes ó número de alumnos matriculados e a superficie deles, así como a dotación de cadros de persoal nos centros docentes de nova creación, fan necesario modifica-la vixente relación de

postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de decembro de 1998, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación de dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de decembro de 1998, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Supresións:

Na páxina 8.778, no centro de destino «I.E.S. FONTEXERÍA (MUROS)» suprímese o posto «ED.C99.40.301.15520.012.LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS».

Modificacións:

-Na páxina 8.778, no centro de destino «I.E.S. FONTEXERÍA (MUROS)», o posto «ED.C99.40.301.15520.011.LIMPADOR/A XORNADA 20 HORAS», cambia de denominación, pasando a denominarse «LIMPADOR/A».

-Na páxina 8.795, no centro de destino «ESCOLA FOGAR (QUIROGA)», o posto «ED.C99.40.102.27490.001.OFICIAL 2º COCIÑA», cambia de denominación, pasando a denominarse «AXUDANTE DE COCIÑA», de grupo, pasando a ser grupo «V» e de categoría pasando a ser categoría «1».

Engádese un novo código de titulación académica:

6003.-Segundo convenio.

11212