Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 1998, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda.

O Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia nº 22, do 3 de febreiro) polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, no seu artigo 5, 4.6º.1, dispón que «en tódalas consellerías, con nivel orgánico de subdirección xeral existirá unha intervención delegada...». O Decreto 347/1997, do 9 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 238, do 10 de decembro) polo que se establece a nova estructura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Consellería de Medio Ambiente.

Todo isto, así como outras modificacións propostas pola Consellería de Economía e Facenda fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

ACORDA:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de decembro de 1998, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Supresións:

-Na páxina 8.768, no centro de destino «S.X. DE CONTROL FINANCEIRO DE SOCIEDADES PÚBLICAS AUTONÓMICAS», suprímese o posto «EF.C03.00.004.15770.011.-X. SERV. CONTROL FINANCEIRO EN ENTES PUB. E ASIMILADO».

-Na páxina 8.770, no centro de destino «INTERV. DEL. INSTIT. GALEGO VIVENDA E SOLO, suprímese o posto «EF.C03.00.020.15770.001.-INTERVENTOR DELEGADO DO I.G.V.S.».

Modificacións:

-Na páxina 8.769, e no centro de destino «INTERV. DEL. CONS. AGRIC. GAND. E POL. AGROAL.», o posto co código «EF. C03.00.011.15770.015.- XEFE NEGOCIADO», pasa a depender de «INTERV. DEL. CONS. MEDIO AMBIENTE», na páxina 8.770, polo que pasa a te-lo código «EF. C03.00.017.15770.013.- XEFE NEGOCIADO».

11412