Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.513

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de decembro de 1998, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

O Decreto 350/1997, do 10 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 11 de decembro) que determina os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, crea as secretarías xerais de Investigación e Desenvolvemento e para as Relacións co Medios Informativos. Polos decretos 12/1998 e 13/1998, do 8 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia nº 12, do 20 de xaneiro) establécense respectivamente as estructuras orgánicas de ámbalas dúas secretarías xerais.

Todo isto, así como a proposta de modificación da súa relación de postos de traballo realizada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de decembro de mil novecentos noventa e oito,

ACORDA:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.P07.00.000.15770.001

PR.P11.00.000.15770.001

Secretario/a de secretario/a xeralArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (Diario Oficial de Galicia nº 232, do 4 de decembro).

Posto de confianza.

PR.P07.00.000.15770.023

PR.P11.00.000.15770.015

Xefe/a sección habilitaciónPosto especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.
PR.C04.00.000.15770.011Xefe/a Negociado Rexistro InteresesPosto de especial responsabilidade por tramitar expedientes de carácter reservado (artigo 10.3º parágrafo primeiro, e 10.4º da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, Diario Oficial de Galicia nº 213, do 30 de outubro).

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de decembro de 1998, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique a citada modificación no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO III

Consellería da Presidencia e Administración Pública

Na relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995 (corrección de erros Diario Oficial de Galicia nº 238, do 14-12-1995), realízanse as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Creacións:

* Na páxina 8.669, no centro de destino «S.X. SERVICIOS» créase o seguinte posto de traballo.

Código do posto: «PR.C02.00.004.15770.004».

Denominación: «AUXILIAR ADMINISTRATIVO».

Vacante: «SI».

Nivel: «12».

Complemento específico: «435.108».

Tipo posto: «N».

Forma provisión: «C».

Grupo: «D».

Corpo/escala: «XERAL».

* Na páxina 8.670, no centro de destino «D.X. FUNCIÓN PÚBLICA» créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «PR.C03.00.000.15770.005».

Denominación: «AUXILIAR ADMINISTRATIVO».

Vacante: «SI».

Nivel: «12».

Complemento específico: «435.108».

Tipo posto: «N».

Forma provisión: «C».

Grupo: «D».

Corpo/escala: «XERAL».

* Na páxina 8.672, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA» créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «PR.C99.10.000.15001.071».

Denominación: «XEFE SECCIÓN MANTEMENTO».

Vacante: «SI».

Nivel: «24».

Complemento específico: «1.037.580».

Tipo posto: «N».

Forma provisión: «C».

Grupo: «B».

Corpo/escala: «ESPECIAL».

Titulación académica: «3001-3005».

* Na páxina 8.680, no centro de destino «GABINETE XURÍDICO LUGO» créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «PR.P39.10.000.27001.004».

Denominación: «AUXILIAR ADMINISTRATIVO».

Vacante: «SI».

Nivel: «12».

Complemento específico: «435.108».

Tipo posto: «N».

Forma provisión: «C».

Grupo: «D».

Corpo/escala: «XERAL».

SUPRESIÓNS:

* Nas páxinas 8.672 e 8.673, e nos centros de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA», «DELEGACIÓN PROVINCIAL OURENSE» e «DELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA», suprímense os postos de «XEFE DE SERVICIO DE COORDINACIÓN PARA A REFORMA ADMINISTRATIVA» que se corresponden cos

seguintes códigos «PR.C99.10.000.15001.065», «PR.C99.10.000.32001.023» e «PR.C99.10.000.36001.025» respectivamente.

Modificacións:

* Na páxina 8.668, no centro de destino «SECRETARÍA XERAL» o posto co código «PR.C02.00.000.15770.005.POSTO BASE A», na columna «Titulacións» engádese «2062».

* Na páxina 8.670, no centro de destino «S.X. SERVICIOS», o posto co código «PR.C02.00.004.15770.024.XEFE SERVICIO PARQUE MÓBIL», na columna «Corpo/escala» debe figurar «XERAL/ESPECIAL».

* Na páxina 8.671, no centro de destino «INSPECCIÓN XERAL DE SERVICIOS» o posto co código «PR.C04.00.000.15770.011.XEFE DE NEGOCIADO REXISTRO INTERESES», na columna «Forma provisión» debe figurar «LD».

* Na páxina 8.672 no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA»:

-Os postos cos códigos «PR.C99.10.000.15001.005.POSTO BASE C» e «PR.C99.10.000.15001.006.- POSTO BASE C» pasan a depender do «GABINETE XURÍDICO DA CORUÑA», páxina 8.679 e 8.680 polo que pasan a te-los códigos «PR.P39.10.000.15001.011» e «PR.P39.10.000.15001.012» respectivamente.

-O posto co código «PR.C99.10.000.15001.035.AUXILIAR ADMINISTRATIVO», pasa a depender do «SERVICIO TERR. A CORUÑA (SECC. DEPORTE)» polo que pasa a te-lo código «PR.P49.10.000.15001.08».

-O posto co código «PR.C99.10.000.15001.067.XEFE DE NEGOCIADO COORDINACIÓN REFORMA ADMT» cambia de denominación pasando a denominarse «XEFE NEGOCIADO DE ASUNTOS XERAIS».

* Na páxina 8.673:

-No centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL OURENSE», o posto co código «PR.C99.10.000.32001.007.AUXILIAR ADMINISTRATIVO», pasa a depender do «GABINETE XURÍDICO OURENSE», páxina 8.680, polo que pasa a te-lo código «PR.P39.10.000.32001.004».

-No centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA»:

-O posto co código «PR.C99.10.000.36001.004.AUXILIAR ADMINISTRATIVO», pasa a depender do «GABINETE XURÍDICO PONTEVEDRA», polo que pasa a te-lo «PR.P39.10.000.36001.005».

-O posto co código «PR.C99.10.000.36001.026.XEFE SECCIÓN COORDINACIÓN REFORMA ADMINISTRATIVA», cambia de denominación pasando a denominarse «XEFE SECCIÓN ASUNTOS XERAIS».

* Na páxina 8.674, no centro de destino «SUBDIRECCIÓN XERAL DO GABINETE TÉCNICO» o posto co código «PR.P01.00.002.15770.116.- XEFE SECCIÓN XESTIÓN ECONÓMICA», na columna «Titulacións» suprímese «2998».

* Na páxina 8.680:

-Nos centros de destino «GABINETE XURÍDICO LUGO, GABINETE XURÍDICO OURENSE» e «GABINETE XURÍDICO PONTEVEDRA» os postos «PR.P39.10.000.27001.001, PR.P39.10.000.32001.001» e «PR.P39.10.000.36001.001.LETRADO-ASESOR», reclasifícanse en postos de «LETRADO-XEFE», polo que cambian de denominación pasando a denominarse «LETRADO-XEFE», de nivel pasando de nivel «28» a nivel «30», e de complemento específico pasando de «1.673.520» a «2.275.968».

-No centro de destino «SERVICIO TERR. A CORUÑA (SECC. DEPORTE)»:

O posto co código «PR.P49.10.000.15001.008.SUBALTERNO» pasa a te-lo código «PR.P49.10.000.15001.009».

O posto co código «PR.P49.10.000.150001.010.SUBALTERNO», pasa a depender da «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA», páxina 8.672, polo que pasa a te-lo código «PR.C99.10.000.15001.053».

-No centro de destino «SERVICIO TERR. OURENSE (SECC. DEPORTE)», no posto co código «PR.P49.10.000.32001.003.-XEFE SECCIÓN DEPORTE», suprímese na columna «Titulación académica» o código «2998».

Persoal laboral

Creacións:

* Na páxina 8.683, centro de destino «S.X. SERVICIOS» créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «PR.C02.00.004.15770.074».

Denominación: «CONDUCTOR 1ª»

Vacante: «SI».

Forma de provisión: «C».

Grupo: «III».

Categoría: «63».

Plus de convenio: «760.848».

Observacións: «DISPOÑIBILIDADE HORARIA».

Modificacións:

* Na páxina 8.682 no centro de destino «S.X. SERVICIOS»:

-No posto co código «PR.C02.00.004.15770.010.MÉDICO DE EMPRESA», na columna «Plus de convenio» engádese «1.200.000».

-Nos postos cos códigos «PR.C02.00.004.15770.011» e «PR.C02.00.004.15770.012.- MÉDICO» na columna «Plus de convenio» engádese «850.000».

-O posto co código «PR.C02.00.004.15770.013.ATS», cambia de denominación pasando a denominarse «ATS/DUE DE EMPRESA» e na columna «Plus de convenio» engádese «300.000».

* Na páxina 8.685, no centro de destino «SERVICIO TERR. A CORUÑA (SECC. DEPORTE)», o posto co código «PR.P49.10.000.15001.019.- CONSERVADOR EDIFICIOS», pasa a depender da «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA», na páxina 8.683, polo que pasa a te-lo código «PR.C99.10.000.15001.049».

* Na páxina 8.717, no centro de destino «SECRETARÍA XERAL», da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o posto co código «OT.C02.00.000.15770.045.TELEFONISTA», pasa a depender do centro de destino «SECRETARÍA XERAL» da Consellería da Presidencia e Administración Pública, páxina 8.682, polo que pasa a te-lo código «PR.C02.00.000.15770.052».

* Na páxina 8.829, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA» da Consellería de Industria e

Comercio o posto co código «IC.C99.10.000.15001.091.AXENTE AUXILIAR INSPECCIÓN», pasa a depender do centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑA» da Consellería da Presidencia e Administración Pública, na páxina 8.683, polo que pasa a te-lo código «PR.C99.10.000.15001.047».

* Na páxina 9.358, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA» da Consellería de Industria e Comercio o posto co código «IC.C99.10.000.36001.080.TÉCNICO AUXILIAR», pasa a depender do centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRA» da Consellería da Presidencia e Administración Pública, na páxina 8.683, polo que pasa a te-lo código «PR.C99.10.000.36001.038».

11411