Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998 pola que se cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Estudios y Proyectos Técnicos Industriales, S.A. (Eptisa), con domicilio no polígono da Gándara, parcela 20-21, nave-65. 15407 Ferrol-A Coruña.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Cancelar, por petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Estudios y Proyectos Técnicos Industriales, S.A. (Eptisa), con domicilio no polígono da Gándara, parcela 20-21, nave-65. 15407 Ferrol-A Coruña, na área de:

-HF, área de control de formigón fresco, co número 15036HF92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

10730