Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se lle notifica a Manuel Gómez Otero a resolución do conselleiro de Medio Ambiente que deixa sen efecto as axudas que se lle concederon.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Manuel Gómez Otero a seguinte resolución emitida polo conselleiro de Medio Ambiente:

Por incumprimento do disposto nos artigos 5 e 12 da Orde do 31 de xaneiro de 1995 de axudas a medidas forestais na agricultura, acórdase anula-la

axuda aprobada a Manuel Gómez Otero, con data do 23 de febreiro de 1996, por valor de 1.303.561 pesetas, no expediente de subvención nº 11360157/95.

O importe que se devolverá é de 294.580 ptas. en concepto de subvención e de 85.600 ptas. en concepto de prima de mantemento, polo que, o importe total que se devolverá ascende á cantidade de 380.180 ptas.

Contra a dita resolución, que é firme e pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte a súa notificación e des

pois de comunicarllo a esta consellería, de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

10909