Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de novembro de 1998, da área provincial da Coruña, pola que se lle notifica a Inmobiliaria Aguabar, S.L., a resolución de imposición de multa coercitiva correspondente ó expediente sancionador VP-C 1/1992.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto

1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a Inmobiliaria Aguabar, S.L. resolución de imposición de multa coercitiva por non executa-las obras a que estaba obrigada pola resolución do delegado provincial do IGVS con data do 5-5-1992, recaída no expediente sancionador VP-C 1/1992.

Á dita infracción impónselle unha multa de 50.000 pesetas, sen prexuízo da obriga de executar na súa totalidade a orde de obras dada con data do 3-3-1989 no prazo de dous meses.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ordinario conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación á sociedade interesada, de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 13 de novembro de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe da área provincial da Coruña

10731