Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Universidades, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario, convocadas pola Orde do 7 de maio de 1998 (DOG do 26 de maio).

A Orde do 7 de maio de 1998 (DOG do 26 de maio), pola que se convocan e aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do profesorado universitario prevé, respectivamente, nos seus anexos I, II e III, a concesión de bolsas para actualización do profesorado respecto da materia que imparten, axudas para a formación de profesores en novas titulacións e axudas para o financiamento de estadías de profesores visitantes.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, e atendendo a proposta da comisión avaliadora, nomeada para o efecto mediante Orde do 22 de xullo de 1998 (DOG do 8 de setembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles unha bolsa para actualización do profesorado respecto da materia que impar

ten ás persoas que se relacionan no anexo I á presente resolución, para realizar unha estadía no centro que se sinala, a partir da data e durante o período que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Segundo.-Declarar deserto o concurso correspondente á concesión de axudas para a formación de profesores en novas titulacións, por non terse presentado ningunha solicitude.

Terceiro.-Concederlles unha bolsa para o financiamento de estadías de profesores visitantes ás persoas que se relacionan no anexo II á presente resolución, para realizar unha estadía a partir da data que se sinala, polo tempo que se especifica e na contía que se indica en cada caso.

Cuarto.-O pagamento das bolsas ás que se refiren os apartados primeiro e terceiro farase de acordo co establecido nas respectivas bases da convocatoria.

Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 7 de maio suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

José Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades

ANEXO I

BOLSAS PARA A ACTUALIZACIÓN DE PROFESORADO RESPECTO DA MATERIA QUE IMPARTEN. CONVOCATORIA DE 1998 (ORDE DO 7 DE MAIO DE 1998. DOG DO 25 DE MAIO)

Universidade da Coruña

BolseiroDestinoDuración

(meses)

Data de

inicio

Contía

mensual

Axuda

institucional

Total

Juan Ferreiro GalgueiraUniversidad Nacional Autónoma de México (México) 11-8-98140.000165.000305.000

Juan de Dios Ruano GómezUniversité de Sorbonne (París)1,5 3-99160.000 80.000320.000

Beatriz Rodríguez RomeroUniversidade Federal Rural de Río de Janeiro (Brasil) 1 15-7-98140.000165.000305.000

Total930.000

Universidade de Santiago de Compostela

BolseiroDestinoDuración

(meses)

Data de

inicio

Contía

mensual

Axuda

institucional

Total

Mª Jesús Aira RodríguezUniversidade de La Laguna (Canarias) 11-2-99110.000 50.000160.000

Benedict Buono Universitá Degli Studi di Torino (Italia) 11-3-99160.000 80.000240.000

José Cajaraville Pegito Universidade Nacional Centro Provincia de Buenos Aires (Argentina) 116-9-98140.000 165.000305.000

Rafael Crecente Maseda Universidade Politécnica de Madrid 11-2-99110.000 50.000160.000

Javier Gutiérrez CarouUniversitá Degli Studi di Torino (Italia) 11-3-99160.000 80.000240.000

Cristina MarchisioUniversitá Degli Studi di Milano (Italia) 11-9-98160.000 80.000240.000

María Montes LópezUniversitá per Stranieri di Perugia (Italia)1,51-2-99160.000 80.000320.000

Total1.665.000

ANEXO II

BOLSAS PROFESORES VISITANTES. CONVOCATORIA DE 1998 (ORDE DO 7 DE MAIO DE 1998. DOG DO 25 DE MAIO)

Universidade de Santiago de Compostela

Profesor visitanteData de

chegada

Duración

da estadía

Cantidade

concedida

Rodríguez Alonso, Rodolfo20-1-19991 mes287.500

Valdman, Belkis1-1-19995 meses1.439.000

Delfaud, Pierre5-10-19981 mes234.500

Uhaldeborde, Jean-Michel10-10-19981 mes135.000

De León Rodríguez, Manuel1-2-19991 mes287.500

Wilhelm, Knoche1-3-19991 mes287.500

Dynarowicz-Latika,

Patricia

1-9-19991 mes287.500

Secada, Jorge Ernesto26-4-19991 mes250.000

Melikhova, Elena1-4-19991 mes287.500

Fiorani, Dino1-4-19991 mes287.500

Castro Martínez, Miguel1-5-19991 mes279.000

Simon, Yvan1-5-19991 mes287.500

Ellmann, Maud17-10-19981 mes287.500

Beranova, Nina5-3-19991 mes287.500

Rodríguez Esteva, Yolanda1-5-19991 mes287.500

Rodrigues Sousa Botelho,

Maria Leonor

1-10-19981 mes287.500

Total20 meses5.500.000

Universidade da Coruña

Profesor visitanteData de

chegada

Duración

da estadía

Cantidade

concedida

Victor KharinXaneiro de 19996 meses1.650.000
Cornel Marius MureaMarzo de 19991 mes275.000
Margaret Jean ScottXaneiro de 19992 meses e medio687.500
José Ignacio Lao VilladónigaXaneiro de 19994 meses1.100.000
Katrin BeyerXaneiro de 19994 meses1.100.000

Profesor visitanteData de

chegada

Duración

da estadía

Cantidade

concedida

José María Saíz JabardoNovembro de 19982 meses e medio687.500
Total20 meses5.500.000

Universidade de Vigo

Profesor visitanteData de

chegada

Duración

da estadía

Cantidade

concedida

Ferdinand C.M. Driessens1-5-19991 mes275.000

Stefano Martelli1-6-19991 mes275.000

Robert W. Parmelee10-3-19993 meses 825.000

Cristina González Ortiz10-6-19991 mes275.000

Diego Restuccia1-4-19991 mes275.000

Julio Jorge González15-6-19991 mes 275.000

Alexandre I. Aptekarev2-19991 mes275.000

Nikolai Vakhanian10-1-19991 mes275.000

Wojciech Banaszczyk1-6-19991 mes275.000

Paulo Klinger Monteiro1-2-19991 mes275.000

Robert R. Meyer1-7-19991 mes275.000

Arno Formella1-2-19994 meses1.100.000

María Dolores Valdés Peña1-10-19983 meses825.000

Total20 meses5.500.000

11192