Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade de educación infantil e dúas unidades de educación primaria ó centro privado Mariano de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Mariano de Vigo, no que solicita a ampliación dunha unidade de educación infantil e dúas unidades de educación primaria.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil e educación primaria.

Esta dirección xeral, ó abeiro da disposición derradeira primeira da Orde do 20 de setembro de 1995,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación dunha unidade de educación infantil e dúas unidades de educación primaria ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Urzáiz, 122.

Denominación: Mariano.

Titular: Congregación R.R. Franciscanas M.D. Pastor.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 5.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 6.

Nivel: educación primaria.

Unidades de que constaba: 16.

Unidades novas autorizadas: 2.

Total de unidades autorizadas: 18.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 6 unidades.

Centro de educación primaria: 18 unidades.

Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Centro de bacharelato de 4 unidades coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

11283