Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle na UE IV-13 Ramón Nieto, 7 (expediente 4400/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 21 de setembro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na UE IV-13 Ramón Nieto, 7, conforme a documentación presentada pola

Funadación Escuelas Nieto, redactada polo arquitecto Carlos Rodríguez de la Torre e visado polo COAG con datas do 21 de abril e do 24 de xuño de 1997, no mesmo sentido da súa aprobación inicial, así como a documentación corrixida como consecuencia das alegacións presentadas, visada polo COAG o 2 de xullo e o 2 de setembro de 1998.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de outubro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

11230