Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 9 de novembro de 1998, aprobou inicialmente o Plan especial de acondicionamento e saneamento do río Sarela e a súa contorna (1º tramo PE-5).

O expedinte exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, para os usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Contra o acto de suspensión de licencias os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10644