Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (309/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 5 de novembro de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de subdivisión de polígono na zona 10.B.2. do SU-29 de Ourense por instancia de José Costa Prieto.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de novembro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

11231