Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de catro días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e de concurso, mediante a concesión do servicio de gardería municipal, polo procedemento de urxencia, co fin de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións y observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar, polo procedemento aberto e de concurso, a prestación do servicio de gardería municipal. En todo caso, a licitación aprazarase de presentárense reclamacións contra o prego de condicións, ata que sexan resoltas.

Obxecto: concesión do servicio de gardería municipal.

Presentación de proposicións: na secretaría da corporación, en días hábiles e horario de oficina. O prazo de presentación de propostas é de 13 días naturais contados a partir da data de publicación deste anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Mos, 5 de novembro de 1998.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde

10652