Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de urbanización e ampliación da rúa Doutor Cadaval e relación de bens e dereitos afectados de expropiación pola súa execución (expediente 4119/401/1998).

O Pleno do Concello en sesión do día 9 de novembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización e ampliación da rúa Doutor Cadaval e a relación de bens e dereitos afectados de expropiación pola súa execución declarando expresamente a necesidade concreta de ocupación, redactado polos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, someténdoo á información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG, prensa e notificación persoal ós propietarios afectados.

Relación de bens e dereitos afectados que se fomulan:

Parcela 01: parcela e edificación situada na rúa Príncipe esquina rúa Doutor Cadaval composta de planta baixa, dúas plantas de piso e ático.

Superficie da parcela de 89 m.

Superficie da construcción: tres plantas duns 267 m e ático duns 50 m. A superficie total é de 317 m.

Propietaria: Elisa Gómez Mosquera.

Valoración do proxecto: 10.579.393 ptas.

Parcela 03: parcela e edificación situada na rúa Doutor Cadaval esquina Calexón de Aurora, composta de planta baixa e planta de piso e ático.

Superficie da parcela é de 83,16 m.

Superficie das construccións: edificación principal duns 166 m e ático 77 m.A superficie total é de 243 m.

Propietario: Ramón Iglesias Seoane.

Valoración do proxecto: 6.651.361 ptas.

Parcela 01: indemnización traslado local de negocio situado no baixo da edificación nº 2 da rúa Príncipe.

Titular: Vigo Costura, S.L. (Antes Cividanes y Márquez, S.L.).

Valoración do proxecto: 23.243. 640 ptas.

O que se fai público para xeral coñecemento, en especial, para os titulares de bens e dereitos afectados sen prexuízo da notificación individual que se practicará por esta xerencia o fin de que presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes, segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia e a lexislación sobre expropiación forzosa, significando que o prazo de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata trascurrido un mes do último. O expediente atópase á disposición do público en xeral na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 1 de decembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

11216