Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 456/1998.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por est delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo nitificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereiro de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán

cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 456/98.

Acta Inf. nº: 322/98.

Empresa: Alemana de Muebles de Cocina Xenín, S.A.

NIF/DNI: A-15.119.811.

Enderezo: estrada de Catabois, s/n, Ferrol (A Coruña).

Materia: traballo.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción, xustificante de recepción.

Proposta de sanción: 501.000 ptas.

A Coruña, 2 de novembro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

10614