De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase seguidamente:
Nome DNI/NIF Nº Expt. Precepto Infrinx. Último domicilio Multa máxima
Miosotis Rodríguez Espinosa B-0275531 LU-E 526/1998 26 e) LO 1/1992 Avda. Sarria, 15, 3º B. Foz Ata 50.000 ptas. José Manuel López Díaz 34.259.669 LU-E 527/1998 23 e) LO 1/1992 r/ Caruz, 142, 6º A. Monforte de Lemos Ata 5.000.000 de ptas. e/ou clausura do establecemento ata 6 meses. Mª Carmen Álvarez Pérez 76.938.963 LU-E 524/1998 26 e) LO 1/1992 Avda. Calvo Sotelo, 30, Ribadeo Ata 50.000 ptas. Ángel Rodríguez Rodríguez 46.570.251 LU-E 523/1998 26 e) LO 1/1992 Almirante Romay, 5, 1º Dta. A Coruña Ata 50.000 ptas.
Desígnase instructor do expediente ó xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretaria á xefa de Negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún soposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.
En caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.
Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (Diario Oficial de Galicia 30 de setembro).
Lugo, 26 de outubro de 1998.
José Mª Fernández Olea
Delegado provincial de Lugo
10613