Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 414/1998.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolles que no prazo dun mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992,

de 26 de novembro), advertíndoo de que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 4147/1998.

Acta nº: 909/1998 (I).

Titular: Promociones Proinco, S.L.

NIF/DNI: B-15.599.004.

Enderezo: Avenida Exército, 16, 15006 A Coruña.

Materia: S.H.

Data Res.: 27-10-1998.

Sanción: 250.100 pesetas.

A Coruña, 5 de novembro de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

10793