Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Urb. Oseiro-3, a C.T. Bordeiras.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 600 m de lonxitude en conductor 3 (R.H.V. de 12/20 kV-240 mm Al) que parte da subestación de Sabón e remate na L.M.T. que se vai construír cara a Vilarrodís. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.300 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV-240 mm Al, que parte do C.T. de Oseiro e remate no C.T. Bordeiras-Pastoriza e acondicionamento dos dous CC.TT. para a manobra da dita liña. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 9 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
10525