Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/201-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. Prolg. Avda. Sardiñeira, 5.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, con orixe na liña que alimenta CC.TT. Unión Fenosa Bens (expediente 14/1997) e remate C.T.C. prolongación Avda. Sardiñeira, 5. Centro de transformación en edificio de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en prolongación Avda. Sardiñeira, 5, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo, en conductor R.V. de 240 m de lonxitude. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 9 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10526