Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. campo fútbol Cerponzóns.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 9 da L.M.T. ó C.T. vertedoiro ata o C.T. que se proxecta no campo de fútbol Cerponzóns, concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 381 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente e en relación co condicionado establecido polo Concello de Pontevedra, teranse en conta os artigos 15 do Decreto 2617/1966 e 29 do Decreto 2619/1966.
Pontevedra, 22 de outubro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
10531