Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/139-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e reforma C.T. Figueiras e C.T. O Carregal-Canido.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 990 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente do Carregal-Canido rematando no C.T. existente de Figueras, concello de Nigrán. Reforma C.T. Figueras cun conxunto de celas compactas tipo 2 L+P. Reforma C.T. O Carregal-Canido cunha cela de liña tipo modular con corte en SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 21 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10528