Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.278

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998 pola que se aproban as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión de prazas de analistas de informática, convocadas por Resolución do 20 de xullo de 1998 (DOG do 1 de setembro).

Publicadas por Resolución do 1 de outubro de 1998 (DOG do 22 de outubro) as listas provisionais

de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión de prazas de analistas de informática, convodadas por Resolución do 20 de xullo de 1998 (DOG do 1 de setembro) e rematado o prazo de corrección de defectos, este rectorado, en aplicación do establecido na base 4.1. da convocatoria, resolve declarar aprobada a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura na relación provisional.

Así mesmo, deacordo co disposto na base 7.1 da convocatoria, convócase os aspirantes para a realización do primeiro exercicio das probas que dará comezo ás 9 horas do día 18 de decembro de 1998, na E.T.S. de Arquitectura (Campus da Zapateira). Para a súa identificación, os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir el día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de novembro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

10805