Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.278

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 3 de decembro de 1998 polo que se fan públicos a data, o lugar e a hora de celebración da proba escrita correspondente ó proceso de selección de farmacéuticos de atención primaria.

O Servicio Galego de Saúde convoca, para a realización da proba escrita, a aqueles aspirantes que no prazo establecido para tales efectos presentasen solicitude de participación no proceso de selección de farmacéuticos de atención primaria (DOG nº 210, do 29 de outubro de 1998).

A dita proba realizarase o 21 de decembro de 1998 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, sito en San Lázaro.

O chamamento dos aspirantes, que deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro, comezará ás 16 horas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

10789