Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.277

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de novembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 19 de outubro de 1998 (DOG número 209, do 28 de outubro) e posterior corrección de erros (DOG número 214, do 4 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 19 de outubro de 1998 (DOG nº 209, do 28 de outubro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó laboral fixo que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 19 de outubro de 1998 e posterior corrección de erros.

Segundo.-O cesamento no actual destino do laboral fixo que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o laboral fixo está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o laboral fixo, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 7.3º do III convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o laboral fixo, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no expediente administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a

vontade de interpoñelo segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: Seisdedos Sánchez, María Cristina.

DNI: 32.392.013.

Código do posto: FA.C99.40.701.15001.001.

Denominación do posto: director/a da cociña da irmandade.

Plus convenio: 248.676.

Grupo: II.

Categoría: 7.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

11201