Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Nova estrada travesía de Eiriña 2ª fase. Convenio CPTOPV-Concello de Pontevedra 4-6-1997.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones S.A.

Orzamento: 104.665.223 ptas.

Proxecto básico de estructuras 2ª fase nas estradas LU-634 y LU-633. Alargamento e mellora do trazado Triacastela-Samos/ Samos-Sarria.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones S.A.

Orzamento: 242.919.868 ptas.

Enlace da estrada Forcarei coa PO-541 a través de Cercedo-Sabucedo. Pontevedra. Convenio CPTOPV-Deputación de Pontevedra 8-5-1997.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos S.L.

Orzamento: 323.360.008 ptas.

Reparación da estrada Lentellais-O Bolo. Convenio CPTOPV-Deputación de Ourense-Concello do Bolo.

Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos S.A.

Orzamento: 45.510.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.

P.D.( Orde 13-12-1993 )

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

10897