Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/250-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Goias

Situación: Toques.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 1,585 km con orixe no apoio nº 34 da L.M.T. ó C.T. Vilouriz (expediente 26600) e final no C.T. proxectado Goias. C.T. Goias, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación 15.000/380-220 V, tipo intemperie. L.B.T. aérea de 0,055 km de lonxitude, con orixe no C.T. proxectado, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de novembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

10383