Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Fonte do Bispo.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 290 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. a C.T. doutor Fléming e remate na L.M.T.S. a C.T. Malingre. C.T. non prefabricado en soto de Fonte do Bispo con 400 kVA e r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 400 m en conductor R.V., con orixe no devandito C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 3 de novembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
10382