Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/285-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Xafeita.

Situación: Vilasantar.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,441 km con orixe na liña 6 de subestación Cesuras, tramo C.T. Mezonzo-C.T. Pazo de Mende e final no C.T. proxectado Xafeita. C.T. tipo intemperie Xafeita, cunha, potencia de 50 kVA e relación de transformación de 15.000/380-220 V. L.B.T. cunha lonxitude de 0,175 km orixe no C.T. proxectado Xafeita, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de novembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

10398