Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Progo, Santa Baia, Pousada.
Situación: Riós.
Descricións técnicas: 3 L.M.T. aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1ª) De 925 m de lonxitude, con orixe na C-1000 (entroncamento actual desde a L.M.T. Riós-Vilardevós) e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Progo. (2ª) de 598 m, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. a Progo e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Santa Baia. (3ª) De 1.437 m, con orixe en poste metálico C-3000/18 de derivación a Pousada e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Pousada. 3 R.B.T. aéreas de 1.288, 746 e 1.445 m repectivamente con orixe nos anteriores CC.TT. en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 2 de novembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
10391