Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. Cualedro, Paredes, Os Pardieiros, nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras. (Expediente IN407A 98/197-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos: L.M.T. proxectada Parades-Os Pardieiros aérea a 20 kV, de 3.738 m, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Xinzo de Limia-Cualedro e final no apoio derivación da L.M.T. òs Pardieiros.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 136 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 21 da L.M.T. proxectada Paredes-Os Pardieiros, e final no actual apoio derivación da L.M.T. ó C.T. Abavides.

L.M.T. aérea a 20 kV, de 13 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 25 da L.M.T. proxectada Paredes-Os Pardieiros, e final no novo apoio nº 1 da L.M.T. a Bombeo Trasmiras.

e) Orzamento: 9.838.322 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxuntase implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/197.Provincia: Ourense.

L.M.T. Cualedro-Paredes-Os Pardieiros.Termo municipal: Xinzo de Limia-Trasmiras.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2O BaoLabradíoBenita Fernández CastroAbavides, 32694 Trasmiras58290

38FontercadasMonte altoJulio Alonso CasasSantiago Rodríguez, 2-Baixo, 32600 Verin23, 2421731557

42LadeiraLabradíoManuel Gómez CastroLadeira, 23-2º, 32630

Xinzo de Limia

26,27 e 2853201920

47ChairoLabradíoCristina Paz SuárezCurros Enríquez, 49, 32500 O Carballiño3021378

10390