Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/190-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Avda. Carballal.

Situación: Petín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 175 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. a C.T. Mones e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V de Adegas Carballal. R.B.T. subterránea do C.T. de Adegas Carballal de 25 m en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10389