Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de tramitación de urxencia, para a contratación, polo sistema de procedemento aberto por concurso, da dirección técnica, asesoramento e coordinación do servicio público de salvamento e loita contra a contaminación no mar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público para a contratación da dirección técnica, asesoramento e coordinación do servicio público de salvamento e loita contra a contaminación no mar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orzamento base de licitación: 31.360.000 ptas.

Prazo de execución: 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 2001.

Garantías.

Provisional: 2% S/ orzamento base de licitación: 627.200 ptas. Artigo 36.1º da LCAP.

Definitiva: 4% S/ orzamento de contratación. Artigo 37.1º da LCAP.

Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, poderase examinar na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sita na rúa do Sar, 75 (Santiago de Compostela), así como nas delegacións territoriais da dita consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, en horario de 9 a 14.

Presentación de proposicións: realizarase no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura -edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela)- conforme o establecido na cláusula 4.1.3 do prego de cláusulas administrativas particulares regulador desta contratación.

No caso de optar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirase antes da data e hora de remate do prazo de presentación de proposicións, unha comunicación en forma de telegrama, télex o fax, á Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, indicando esta presentación e identificando nome e enderezo do licitador.

Prazo de presentación de proposicións: comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural posterior ó do dito comezo.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se especifica no prego de cláusulas

administrativas particulares regulador desta contratación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, ás 11 horas do terceiro día hábil contado desde o da data na que finalice o prazo de presentación daquelas, salvo no caso de que se coincidira en sábado, se trasladará ó inmediato hábil seguinte.

Os anuncios e demais gastos que orixine este concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

10504