Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Prazo de execución: desde o 1-1-1999 ata o 31-12-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: sesenta millóns de pesetas (60.000.000 de ptas.).

5. Garantía provisional.

Un millón duascentas mil pesetas (1.200.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: categoría C, grupo 3, subgrupo 2.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5-2ª, Santiago de Compostela, 15771).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano nº 5-2ª.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

11011