Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO de información pública da solicitude de autorización de vertido de augas residuais a través de emisario submarino na rada de Bens (A Coruña) formulada por Repsol Petróleo, S.A.

Arturo Albardíaz González, actuando en representación de Repsol Petróleo, S.A., con domicilio en Bens, 15191 A Coruña, solicita, de acordo co artigo 57 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, en concordancia cos artigos 113, 146 e 150 do Regulamento para o seu desenvolvemento e execución, para efectos da declaración de impacto ambiental (Decreto 442/90, do 13 de setembro), autorización para o vertido dun caudal medio de 500 m/hora de augas residuais mediante emisario submarino na rada de Bens (A Coruña).

A auga residual procedente dos procesos sofre un primeiro tratamento de desaceitado por decantación física, seguido dun tratamento primario de homoxeneización, coagulación, floculación e flotación e, a continuación, un tratamento secundario por oxidación biolóxica por lodos activos para o seu posterior vertido mediante emisario submarino de 600 m de lonxitude de polietileno de alta densidade que irá enterrado en gabia.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de trinta días a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presenta-las súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas de Augas de Galicia sitas nos Edificios Administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela e nas oficinas de Augas de Galicia, Demarcación Galicia Norte sitas na rúa Wen

ceslao Fernández Flórez, 1-2º, A Coruña, onde se atopa exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1998.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

11050