Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/204-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica del Giesta, S.R.L.

Domicilio social: Fontán, 3-3º C, 15004 A Coruña.

Denominación: L.A.T. a 20 kV desde C.H. Cierves a Sub. Castrelo e outras.

Situación: Ribadavia, Melón, A Arnoia, Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de enlace desde a central hidroeléctrica de Cierves a parque de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. en central hidroeléctrica de Castrelo de Miño, como tamén interconexión desde a liña a 20 kV de Eléctrica de Melón, S.A., á presa da central hidroeléctrica de Cierves e substitución do conductor LA-56 por outro LA-180 na liña a 20 kV que une as centrais de Peneda e da Arnoia co punto

de interconexión na rede de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 24 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10347