Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. no Pazo.
Situación: Mondariz Balneario.
Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 746 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, e 225 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor de 95 mm, desde o C.T. de San Pedro do Escobeiro ata o C.T. que se proxecta no Pazo, concello de Mondariz Balneario. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 3 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
11046