Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo minorista a Atlania Viaxes con número XG-176 e casa central na rúa Antonio Viñes, 8, da Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de José Ramón Díaz Peña, na súa calidade de titular, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo minorista.

Resultando que coa referida solicitude se presentou toda a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/89, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral do Turismo

RESOLVE:

Concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista, co nº XG-176, a Atlania Viaxes,

con casa central na Coruña, rúa Antonio Viñes, 8, da que é titular José Ramón Díaz Peña que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG con suxeición ó preceptuado o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

10348