Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/106-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Miguel Amigo-Fraga.

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,067 km con orixe na L.M.T. Soñeiro-Tarabelo e final no C.T. proxectado San Miguel Amigo-Fraga, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha R.B.T. de 0,522 km de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 106/1998).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 3 de novembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

10362