Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/258-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: Avda. Ponte, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Regalade-Cortegadela.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, de 396 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Silleda-Oleiros, rematando no C.T. que se proxecta en Regalade-Cortegadela, concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 3.310 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10369