Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. Maceira-A Graña.
Situación: Covelo.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 600 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde a entrada na parroquia de Maceira ata o C.T. existente da Graña, concello de Covelo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 2 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
10345