Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 03 de decembro de 1998 Páx. 13.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno, con data do 29 de outubro de 1998, a modificación puntual da norma, no ámbito de Vilanova-Alada, que ten por finalidade a reclasificación como solo non urbanizable de núcleo rural dunha superficie de 13.029 m, actualmente clasificada como solo non urbanizable de especial protección de espacios naturais, sométese a información pública, por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, no DOG, de conformidade co estipulado polo artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cangas, 6 de novembro de 1998.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

10477